I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible (DIETLÁNTICA)
O consumo de produtos do mar, peixes, mariscos e algas, son parte fundamental dunha dieta sá e equilibrada. Estímase que o seu consumo non debe ser inferior a 3 ou 4 racións na semana por tratarse dun alimento que, ademais do seu alto valor como fonte de Omega-3, nos achega proteínas de alto valor biolóxico, vitamina D e do grupo B, ferro, potasio, iodo, potasio e calcio entre outros nutrientes.