I Foro de Fomento de Consumo de Peixe, Alimentación Saudable e Sostible (DIETLÁNTICA)
A Universidade de Santiago de Compostela, a través da Fundación Dieta Atlántica, e a Xunta de Galicia organizan este foro que pretende erixirse como un punto de encontro no que debater sobre un xeito de alimentación equilibrado e sostible.
Ao longo de dous días, daranse cita diferentes profesionais de recoñecido prestixio dos ámbitos sanitario, nutricional, educativo e gastronómico para abordar unha dieta beneficiosa desde os puntos de vista nutricional, medioambiental e social.
Web: https://fundaciondietatlantica.gal/
Noticias: https://www.fundaciondietatlantica.com/noticias-detalles.php?ID=172
Vídeo: https://www.youtube.com/channel/UCDaQnI6XB9TnIHLeJ2fek-w
13 e 14 de setembro, en Santiago de Compostela e Ribeira respectivamente.