Edificio CIEDUS
O Edificio CIEDUS (anteriormente CEA) veu a satisfacer a necesidade dun nexo de unión entre a universidade e a sociedade.
Espazos disponibles para o seu congreso, evento, seminario ou reunión de traballo.
O Edificio CIEDUS (anteriormente CEA) veu a satisfacer a necesidade dun nexo de unión entre a universidade e a sociedade.
A Casa de Europa é unha residencia universitaria destinada ao aloxamento de invitados e invitadas que visitan á USC para participar en actividades docentes ou investigadoras.
O Salón Nobre é a estancia máis emblemática do Pazo de Fonseca. Nel se desenvolven os actos académicos máis relevantes, coma a apertura de curso, lecturas de teses, investiduras honoris causa, e gran variedade de congresos e conferencias.
A construcción do Paraninfo finalizou en 1906, poñendo punto e final ás obras do edificio, comezadas no século XVIII. Destaca pola sua decoración escultórica (Rafael de la Torre Mirón) e pictórica (realizada por un equipo de pintores comandados por José María Fenollera.
A Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) é o centro docente máis novo da USC, creado no 2003 para dar acubillo ás titulaciones tecnolóxicas no Campus compostelán.
A Facultade de Bioloxía creouse en 1977, como consecuencia da división da antiga Facultade de Ciencias.
Este edificio é un claro representante do eclecticismo arquitectónico vivido en Galicia entre finais do século XIX e principios do XX.
A Facultade de Ciencias Políticas e Sociais foi fundada en 1991. É un dos centros máis prestixiosos de España no ámbito dos estudos de ciencia política e xestión das administracións públicas.
Aula Magna m2 Dimensión Altura Aforo Disposición Wi-fi 230 – – 235 Teatro Si
Definido coma un dos doce grandes proxectos urbanísticos do século XXI, a Facultade de Ciencias da Comunicación foi deseñada polo célebre arquitecto portugués Álvaro Siza, co próposito de ofrecer á sociedade un edificio pensado para mellorar a calidade da aprendizase e da investigación.